miércoles, 16 de febrero de 2011

Acitividades 2011




Considerados asociados e veciños,

Estamos a traballar intensamente na elaboración dun programa de actividades para o ano 2011.

Para este ano xa pechamos varias actividades:
ž   Proxección Película Filmax, para as familias e os mozos.
ž   Obra de Teatro (Por definir OBRA)
ž   Concerto de Música Folk
ž   San Xoán 2011, en alianza cun Grupo de Mozos chamado "INTEGRA XOVES LUCÍN", que redactaron e presentado un proxecto na Dirección Xeral de Xuventude.
ž   Carreira Pedrestre Popular A Ramallosa - TEO 2011 (En estudo)
Todas as actividades quedan á espera de que se fixen as datas en función da dispoñibilidade dos locais e as compañías ou colaboradores.
Queremos informar que tamén estamos a reorganizar ós Vogais da Asociación co ánimo de satisfacer mellor as necesidades de actos e eventos da nosa parroquia.

Debemos de reorganizar ós vogais en función das actuais necesidades da asociación:
ž   Xuventude
ž   Actividades Deportivas
ž   Xogos e Tempo Libre
ž   Danza e Baile
En breve o calendario de actividades será publicado debidamente.
Informamos que buscaremos a colaboración para estes actos e outras actividades doutras Asociacións do Concello, coa intención de potenciar e dimensionar cada unha das actividades e os actos a desenvolver.

O presidente
Eloy Gesto Beiroa