OBXECTIVOS


O noso Futuro

Queremos promover unha asociación cultural que fomente a cultura, para potenciar e promover o noso núcleo


Tendo en conta as dificultades que ten o noso Concello, sen un núcleo urbano claro, entendemos que somos os veciños os que debemos de facer atractiva a nosa zona para que haxa novos investimentos e por suposto sexa unha zona atractiva para novos veciños. Para esta última é clave o desenvolvemento de actividades.

Calquera persoa, sexa veciño de á Ramallosa, a Parroquía de Lucí... poida inscribirse como asociado e participar dos eventos que se programen dende a asociación.

Propoñémonos desenvolver a imaxe da asociación, incluíndo os soportes necesarios para a difusión e a divulgación das actividades que se promovan a través dos propios socios, comunicados na web, así como nas redes sociais,…

Esta Asociación con Carácter aberto a todos os veciños propón recoller todas aquelas propostas de actividades e estudar a súa viabilidade, podendo así desenvolver o programa e a axenda da nosa organización cultural.

Propoñémonos realizar actividades que respecten a ideoloxía, ideas e crenzas de cada un dos asociados, ademais de poñernos como meta realizar actividades para os diferentes perfís que integran o noso núcleo, sexan nenos, adolescentes, maiores,…