jueves, 3 de marzo de 2011

IMAXE RENOVADA

IMAXE RENOVADA


A "Asociación A Ramallosa" fixou entre os seus obxectivos chegar a cada un dos veciños da Parroquía de Lucí.

Cumprindo con estes obxectivos entendemos como necesario crear un perfil en
 FACEBOOK para obter presenza nas REDES SOCIAIS, ademais de dispoñer dunha "WEB" propia.

Outro dos obxectivos que fixamos é a renovación da nosa imaxe como Asociación.

O obxectivo desta renovación é crear unha IMAXE recoñecible polos vecinos, unha imaxe dinámica e fresca que permita o noso recoñecemento público como entidade,
como símbolo de CULTURA, DEPORTE, OCIO e ACTIVIDADE, dentro do núcleo urbano de “A Ramallosa”.

O noso obxectivo é que entre os veciños, asociados e cada unha das persoas que entren na nosa WEB, poidan votar na enquisa da dereita que LOGOTIPO lle gusta máis.

Polo mencionado, presentamos as nosas propostas elaboradas a través da empresa "
SETESEOITOS Deseño Gráfico" que rexenta unha das nosas asociadas, para que os poidades votar:
Proposta 1

Proposta 2

Proposta 3