COMUNICADOS ASOCIACIÓN

COMUNICADO Asociación de Veciños "A Ramallosa"



Estimados Asociados,


Dende a asociación pretendemos impulsar a actividade da nosa Parroquia de Lucí.

Gustaríanos recordar parte dos acordos fixados por unanimidade na Asemblea do 29 de Abril do 2009:

· Futuro da asociación



Expóñense as vantaxes de promover unha asociación cultural que fomente a cultura, para potenciar e promover o noso núcleo. Tendo en conta as dificultades que ten noso Concello, sen un núcleo urbano claro, entendemos que somos os veciños os que debemos de facer atractiva a nosa zona para que haxa novos investimentos públicos que se traduzan en dotacións, que hai investimento privado, e por suposto sexa unha zona atractiva para novos veciños. Para esta última é clave o desenvolvemento de actividades. Considérase importante realizar cambios nos estatutos para darlle maior amplitude á asociación, achegando un carácter máis cultural. Proponse cambiar o nome da asociación, para desvincular esta da nosa Urbanización. O obxectivo deste punto é que calquera persoa, sexa veciño da urbanización ou non, poida inscribirse como asociado e participar dos eventos que se programen dende a asociación. Proponse desenvolver a nova imaxe da asociación, incluíndo os soportes necesarios para a difusión e a divulgación das actividades que se promovan, como poidan ser a páxina web, así como o noso espazo nas diferentes redes de sociais. Solicítase colaboración para o desenvolvemento corporativo da asociación. Acórdase recoller todas aquelas propostas de actividades dos socios e estudar a súa viabilidade, podendo así desenvolver un programa cultural.


Déixase clara a desvinculación da Asociación dos principais fins actuais, marcando unha liña clara entre as funcións ata a data e os novos fins de futuro, abríndose a toda a zona da Ramallosa.


Temos que seguir reorganizando os puntos aquí fixados para impulsar e consolidar definitivamente a nosa asociación

. Liquidación á COMUNIDADE de VECIÑOS por asociado para pagamento profesionais periciais
Tal participación decídese nun total de 2475 € en total.


Nestes momentos encóntrase liquidado o devandito concepto polo que a desvinculación da Asociación é plena.

. Fondos dedicados a cubrir a cota de asociados



Dado que se pretende abrir a asociación a novos integrantes doutras zonas, se propón o establecemento dunha cota de asociado que se determina que poida roldar os 10 € por ano, e se decide ademais a inscrición gratuíta para os fillos menores de idade no caso de que ambos os dous proxenitores pertenzan á asociación.
Defínese como asociado unha persoa física e non as vivendas con todos os seus membros como ata a data,  sometese a votación e queda aprobado por unanimidade.
Aínda non comezamos a recadalos, pasaremos as cotas durante estes dous meses.

. Xunta Directiva


Presidente - Eloy Gesto Beiroa

Vicepresidente 1º e Tesoureiro - Benedicto Francisco Santiago Acuña
Vicepresidente 2º - Renato Núñez  Silva
Secretaria - Rosa María Fernández González
Vocais- Estamos reorganizando os vogais.


Debemos de reorganizar os vogais en función das actuais necesidades da asociación:


Xuventude

Actividades Deportivas
Xogos e Tempo Libre
Danza e Baile



Para este ano xa pechamos varias actividades:





Proxección Película Filmax, para as familias e os mozos.
Obra de Teatro
Concerto de Música Folk
San Xoán 2011


Con este acto, esperamos incluír unha sección xuvenil e rexistrar a nosa asociación na Dirección Xeral de Xuventude para poder abranguer actividades que unan os mozos de toda a parroquia e oConcello.



O presidente                                                                                                      A xunta directiva