miércoles, 22 de junio de 2011

Desvelamos uns dos segredos, con unha das actuacións estelares,..."O clown Peter Punk"

Unha das grandes novidades de esta edición será a actuación do actor vigués Isaac Miranda, que actuará as 20:00h, tamen coñecido como “O Clown Peter Punk”, gañador de varios festivales de recoñecido prestixio. Un paiaso malabarista que mistura maxia e humor e fai participar a nenos e maiores con un espectáculo cheo de intensidade e emocións cos seus trucos sorprendentes.


http://www.youtube.com/watch?v=kOnivb_srQE&feature=mfu_in_order&list=UL


 espectacular persoaxe!!!



MAXPOWER PARTY, sons actuais,...

Pouco a pouco vamos explicando desvelando as actuacións do noso programa festivo.

E agora toca falar de MAXPOWER PARTY, empresa creada por dous empresarios, un deles natural de OSEBE-TEO, con nome artístico DJ Max.  Son animadores profesionais de festas, amosan un espectáculo de luz e son; grandes éxitos, Dance,...

lunes, 20 de junio de 2011

O Recobio de Vaamonde no San Xoán da Ramallosa

Cómo xa vos adiantamos contamos  cun maravilloso grupo do noso Concello para amenizar o ambiente festivo que se vivirá na Ramallosa o próximo Xoves.
Este grupo é de VAAMONDE, para algúns BAMONDE, e leva moitos anos amenizando a todos os públicos nas diferentes festas as que van.
O estilo de O RECOBIO de VAAMONDE, e de un grupo que busca nas cancións populares galegas botar a relucir as emocións dos festeiros, movendo con moito agarimo e paixón a todos aqueles que acompañan.
Un estilo que busca recuperar os rítmos dos nosos ancestros nunha sociedade moderna, tratan de que os propios festeiros acompañen con cantos e baile os ritmos que saen dos seus instrumentos.

A decisión de traelos foi acadada unha vez que se entendeu de que a festa ten que chegar a todos, polo que teremos diferentes estilos actuando ao mesmo tempo nos diferentes espacios da RAMALLOSA.
A música galega será a encargada de amenizar a Sardiñada e a Cacharela mentras que na Praza contaremos con música máis actual a cargo de DJ MAX.

Son unha BOMBA!!!

Animádevos!!!

sábado, 18 de junio de 2011

Animación Galega para o San Xoán na Ramallosa 2011 "Donkey Xote"

 
Boas tardes veciños,
Como xa dixemos, teremos proxección de Cine Galego da productora FILMAX, o título será "Donkey Xote".
Esta será a película de cine de animación galego que proxectaremos para os nenos!
Teremos unha pequena modificación nos horarios das proxeccións, as horas serán: as 18:00h, as 22:00h e as 24:15 horas, xa que a proxectaremos nunha carpa habilitada con sillas.
As 20:25h teremos a obra de teatro na mesma carpa!
 
 

jueves, 16 de junio de 2011

Programación definitiva "San Xoán 2011na Ramallosa"

De novo temos a oportunidade de encontrarnos aproveitando
unha noite máxica, como é a de San Xoán, onde se misturan
tradicións herdadas dos nosos ancestros con actividades de
hoxe, da nosa xuventude, dos novos tempos.

Esta nova edición está pensada para todos os públicos, con
diversas actividades dirixidas a nen@s, maiores, e demáis
veciñ@s que queiran disfrutar connosco.

Traballamos arreo para poder ofertar un amplo programa de
actividades para poder chegar a todos os vecin@s.
Un bloque de actividades especialmente para os nen@s e a
xuventude en xeral, que comeza ás 18:00h e remata coa última
proxección de cine galego animado ás 00:15h.

Un bloque para todos os veciñ@s que vai dende o comezo da
xornada e trata de achegar as nosas tradicións; sardiñada,
fogueira, queimada, fogos,...

E un bloque que trata de achegar a música e a cultura a todos os
veciñ@s, con grupos musicais de Galicia e unha obra de teatro.
Este ano temos por obxectivo que os non tan cativos teñan a
oportunidade de permanecer connosco ata ben entrada a madrugada
disfrutando da música tradicional galega, participando da
festa con intensidade para poñer as emocións ó descuberto.

A Ramallosa-Lucí será de novo un punto de encotro para todos,
sendo a capital da cultura de Teo durante a noite do San Xoán.

Podedes seguir con máis detalle o programa do San Xoán na
nosa Web e no facebook, onde daremos máis detalles dos
grupos, das actuacións e das actividades desta festa.
http://asociacionaramallosa.blogspot.com/
Damos a gracias a tod@s os que posibilitan esta festa; empresas,
colaboradores, activistas,...

Contamos coa vosa presencia!

Eloy Gesto
Presidente da AA.VV A Ramallosa

lunes, 13 de junio de 2011

Pistas sobre a Programación San Xoán 2011 na RAMALLOSA


Temos o prazer de darvos unhas pinceladas acerca da festa do San Xoán, ainda que non está pechado o cartel de actos, podería ser algo similar a isto:

San Xoán 2011 na Ramallosa
 
Programación

18:00 h I Festa dos Nenos
Hinchables I Mega Castelo ITouro Mecánico I Futbolín Humano
Animadores I Xogos a cargo de Peque Xogos

20:00h I Posible NOVIDADE

21:00h I NOVIDADE Grupo Galego de Música Popular

21:30h I Festa da Espuma

22:00 h I Espectáculo de luz e son
A cargo  de “Max Power Party"

 23:45 h I NOVIDADE Grupo Galego de Música Popular
Introdución ao momento estelar da noite, música antes de prender a fogueira

23:55 h I Fogueira de San Xoán con  Conxuro da Queimada
Prenderáselle lume á fogueira coa “máxica pócima da queimada”

24:00  h I NOVIDADE Espectáculo con Fogos de Artificio

00:20 h I NOVIDADE Concerto de Música Folk

01:20 h I Música co “DJ MAX”

Sardiñada. Dende as 21:00h serviremos os “Menús de San Xoán 2011”
a un prezo de 4€, que inclúen:
Sardiñas, Empanada Galega, Pan de Broa ou Pan de Molete e bebida.
Teremos un servicio de cantina con amplia oferta de bebidas.

LUGAR: “A PRAZA DOS ENCONTROS” na RAMALLOSA

ORGANIZA: “AA.VV A RAMALLOSA”

Introducimos novidades, respetando aquelas actuacións ou actos que convenceron e millorando outras que entendemos que eran millorables.
En dous días esperamos pechar a programación de actos.

Eloy Gesto
Presidente


viernes, 10 de junio de 2011

San Xoán 2011 na Ramallosa

Noticia de última hora,
Teniendo en cuenta, las peticiones de muchos vecinos y comerciantes, solicitando que esta festividad se realice el mismo día que corresponde a la fecha natural, hemos decidido fijar el Jueves, 23 de Junio, la celebración de esta maravillosa jornada festiva.
Intentaremos rememorar los éxitos de la edición del 2009, he introduciremos alguna novedad importante.
Aspiramos a superar las 800 personas de la pasada edición.