Mostrando entradas con la etiqueta Teo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Teo. Mostrar todas las entradas

sábado, 18 de junio de 2011

Animación Galega para o San Xoán na Ramallosa 2011 "Donkey Xote"

 
Boas tardes veciños,
Como xa dixemos, teremos proxección de Cine Galego da productora FILMAX, o título será "Donkey Xote".
Esta será a película de cine de animación galego que proxectaremos para os nenos!
Teremos unha pequena modificación nos horarios das proxeccións, as horas serán: as 18:00h, as 22:00h e as 24:15 horas, xa que a proxectaremos nunha carpa habilitada con sillas.
As 20:25h teremos a obra de teatro na mesma carpa!
 
 

lunes, 6 de junio de 2011

Arrancamos co San Xoán 2011

Por fin nos poñemos en marcha, en dous ou tres días anunciaremos a programación da nosa festa de San Xoán na Ramallosa, e esperamos non defraudar!
Vos podemos adiantar que con toda probavilidade faremos dous días de festa con diferentes actos e actividades, o Venres 17 e o Sábado 18 de Xuño, a semana que ven!
Animádevos a participar!
Vinde!
Foto do San Xoán 09

jueves, 3 de marzo de 2011

IMAXE RENOVADA

IMAXE RENOVADA


A "Asociación A Ramallosa" fixou entre os seus obxectivos chegar a cada un dos veciños da Parroquía de Lucí.

Cumprindo con estes obxectivos entendemos como necesario crear un perfil en
 FACEBOOK para obter presenza nas REDES SOCIAIS, ademais de dispoñer dunha "WEB" propia.

Outro dos obxectivos que fixamos é a renovación da nosa imaxe como Asociación.

O obxectivo desta renovación é crear unha IMAXE recoñecible polos vecinos, unha imaxe dinámica e fresca que permita o noso recoñecemento público como entidade,
como símbolo de CULTURA, DEPORTE, OCIO e ACTIVIDADE, dentro do núcleo urbano de “A Ramallosa”.

O noso obxectivo é que entre os veciños, asociados e cada unha das persoas que entren na nosa WEB, poidan votar na enquisa da dereita que LOGOTIPO lle gusta máis.

Polo mencionado, presentamos as nosas propostas elaboradas a través da empresa "
SETESEOITOS Deseño Gráfico" que rexenta unha das nosas asociadas, para que os poidades votar:
Proposta 1

Proposta 2

Proposta 3