jueves, 16 de junio de 2011

Programación definitiva "San Xoán 2011na Ramallosa"

De novo temos a oportunidade de encontrarnos aproveitando
unha noite máxica, como é a de San Xoán, onde se misturan
tradicións herdadas dos nosos ancestros con actividades de
hoxe, da nosa xuventude, dos novos tempos.

Esta nova edición está pensada para todos os públicos, con
diversas actividades dirixidas a nen@s, maiores, e demáis
veciñ@s que queiran disfrutar connosco.

Traballamos arreo para poder ofertar un amplo programa de
actividades para poder chegar a todos os vecin@s.
Un bloque de actividades especialmente para os nen@s e a
xuventude en xeral, que comeza ás 18:00h e remata coa última
proxección de cine galego animado ás 00:15h.

Un bloque para todos os veciñ@s que vai dende o comezo da
xornada e trata de achegar as nosas tradicións; sardiñada,
fogueira, queimada, fogos,...

E un bloque que trata de achegar a música e a cultura a todos os
veciñ@s, con grupos musicais de Galicia e unha obra de teatro.
Este ano temos por obxectivo que os non tan cativos teñan a
oportunidade de permanecer connosco ata ben entrada a madrugada
disfrutando da música tradicional galega, participando da
festa con intensidade para poñer as emocións ó descuberto.

A Ramallosa-Lucí será de novo un punto de encotro para todos,
sendo a capital da cultura de Teo durante a noite do San Xoán.

Podedes seguir con máis detalle o programa do San Xoán na
nosa Web e no facebook, onde daremos máis detalles dos
grupos, das actuacións e das actividades desta festa.
http://asociacionaramallosa.blogspot.com/
Damos a gracias a tod@s os que posibilitan esta festa; empresas,
colaboradores, activistas,...

Contamos coa vosa presencia!

Eloy Gesto
Presidente da AA.VV A Ramallosa

No hay comentarios: