lunes, 20 de junio de 2011

O Recobio de Vaamonde no San Xoán da Ramallosa

Cómo xa vos adiantamos contamos  cun maravilloso grupo do noso Concello para amenizar o ambiente festivo que se vivirá na Ramallosa o próximo Xoves.
Este grupo é de VAAMONDE, para algúns BAMONDE, e leva moitos anos amenizando a todos os públicos nas diferentes festas as que van.
O estilo de O RECOBIO de VAAMONDE, e de un grupo que busca nas cancións populares galegas botar a relucir as emocións dos festeiros, movendo con moito agarimo e paixón a todos aqueles que acompañan.
Un estilo que busca recuperar os rítmos dos nosos ancestros nunha sociedade moderna, tratan de que os propios festeiros acompañen con cantos e baile os ritmos que saen dos seus instrumentos.

A decisión de traelos foi acadada unha vez que se entendeu de que a festa ten que chegar a todos, polo que teremos diferentes estilos actuando ao mesmo tempo nos diferentes espacios da RAMALLOSA.
A música galega será a encargada de amenizar a Sardiñada e a Cacharela mentras que na Praza contaremos con música máis actual a cargo de DJ MAX.

Son unha BOMBA!!!

Animádevos!!!

No hay comentarios: