Mostrando entradas con la etiqueta Concello de Teo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Concello de Teo. Mostrar todas las entradas

miércoles, 22 de junio de 2011

Desvelamos uns dos segredos, con unha das actuacións estelares,..."O clown Peter Punk"

Unha das grandes novidades de esta edición será a actuación do actor vigués Isaac Miranda, que actuará as 20:00h, tamen coñecido como “O Clown Peter Punk”, gañador de varios festivales de recoñecido prestixio. Un paiaso malabarista que mistura maxia e humor e fai participar a nenos e maiores con un espectáculo cheo de intensidade e emocións cos seus trucos sorprendentes.


http://www.youtube.com/watch?v=kOnivb_srQE&feature=mfu_in_order&list=UL


 espectacular persoaxe!!!



lunes, 20 de junio de 2011

O Recobio de Vaamonde no San Xoán da Ramallosa

Cómo xa vos adiantamos contamos  cun maravilloso grupo do noso Concello para amenizar o ambiente festivo que se vivirá na Ramallosa o próximo Xoves.
Este grupo é de VAAMONDE, para algúns BAMONDE, e leva moitos anos amenizando a todos os públicos nas diferentes festas as que van.
O estilo de O RECOBIO de VAAMONDE, e de un grupo que busca nas cancións populares galegas botar a relucir as emocións dos festeiros, movendo con moito agarimo e paixón a todos aqueles que acompañan.
Un estilo que busca recuperar os rítmos dos nosos ancestros nunha sociedade moderna, tratan de que os propios festeiros acompañen con cantos e baile os ritmos que saen dos seus instrumentos.

A decisión de traelos foi acadada unha vez que se entendeu de que a festa ten que chegar a todos, polo que teremos diferentes estilos actuando ao mesmo tempo nos diferentes espacios da RAMALLOSA.
A música galega será a encargada de amenizar a Sardiñada e a Cacharela mentras que na Praza contaremos con música máis actual a cargo de DJ MAX.

Son unha BOMBA!!!

Animádevos!!!

sábado, 18 de junio de 2011

Animación Galega para o San Xoán na Ramallosa 2011 "Donkey Xote"

 
Boas tardes veciños,
Como xa dixemos, teremos proxección de Cine Galego da productora FILMAX, o título será "Donkey Xote".
Esta será a película de cine de animación galego que proxectaremos para os nenos!
Teremos unha pequena modificación nos horarios das proxeccións, as horas serán: as 18:00h, as 22:00h e as 24:15 horas, xa que a proxectaremos nunha carpa habilitada con sillas.
As 20:25h teremos a obra de teatro na mesma carpa!